Antigamente a música
era considerada unha ciencia. Hoxe en día pódese poñer en dúbida
esa suposta verdade, pero realmente posúe certos elementos
matemáticos que fan que poida ser calsificada como ciencia.
Independentemente diso, está claro que a música está
extremadamente relacionada coa filosofía.
Todo o mundo
escoitou música algunha vez na súa vida. Incluso se pode chegar a
dicir que é inevitable coñecer como soa esta. Pensándoo mellor,
esta afirmación pode facernos extraer certas dúbidas sobre o mesmo
concepto: por que cada clase de música ten un toque que a fai
diferente? Cales son os factores que deciden os nosos gustos
musicais?
A resposta é clara:
todo depende dos nosos intereses, e polo tanto, da nosa maneira de
pensar. Certas ideoloxías son abarcadas por estilos de música
concretos maioritariamente, polo que alguén que se vexa representado
coa mensaxe que expresa un tipo de música verase inmediatamente
atraído pola mesma, e incluso pode chegar a esoitar esa canción só
polo que di, aínda que a parte musical da mesma non a chegue a
convencer por completo. Para certos individuos isto pode ser
perfectamente válido, pero hai unha cuestión que vai máis alá
desta afirmación: é a música a que acompaña á letra, ou á
inversa? En primeira instancia, é fundamental aclarar que non toda a
música posúe letra, polo que xa se pode considerar que esta é
independente, debido a que non precisa máis que ela mesma para ser
considerada unha unidade. En cambio, a letra por si mesma sería
considerada unha narración ou un poema, pero en conxunto coa música
segue a recibir o mesmo nome: música. Desta explicación conclúese
que a música recibe o mesmo nome cando se xunta con texto. Isto
denota que a música posúe rasgos que a fan independente e
predominante no seu ámbito.
En canto ó outro
interrogante, que fai referencia ás diferencias entre distintas
clases de música, é sinxelo deducir que a resposta é subxectiva.
Cada persoa interpreta á súa maneira particular a música, polo que
unha peza que pode resultar alegre para uns pode ser desagradable
para outros. Aínda así, se se profundiza algo máis no ámbito
técnico, existen certas estratexias que adoitan funcionar na maioría
de humanos, proporcionando unha sensación en concreto. Estas
técnicas poden ser directas ou indirectas. No caso de seren
directas, realízanse mediante pintura musical, unha estratexia que
consiste en utilizar rasgos musicais que representan algo na nosa
cabeza, como unha escala ascendente que se relaciona coa subida, ou
unha escala cromática que recorda ao estridente. Estas relacións
poden ser establecidas por calquera, aínda que non se posúa
coñecemento musical. Por outra banda, os procedementos indirectos
xogan coa subxectividade. Desta maneira, intentan situarnos en
panoramas concretos mediante a relación que realizamos ao
escoitalos: un fragmento no que aparezan violíns tocando un
leitmotiv agudo cunha guitarra eléctrica tocando acordes en
progresión repetitiva adoita levarnos a pensar nun escenario de
batalla ou algo similar. Por suposto, isto é subxectivo, polo que
cada un accederá a certa situación na súa mente ao escoitar este
tipo de estruturas musicais.
Como punto final, é
fundamental comprender que os gustos musicais, como o seu nome
indica, non son obxectivos nin moito menos. Cada persoa reaccionará
de maneira diferente ante un tipo de música en concreto, pero aínda
así hai maneiras de predecir certas sensacións que nos adoitan
producir patróns musicais determinados. Desta maneira, todo sobre o
que reflexionamos produce certas dúbidas: que parte do cerebro
establece os límites do noso gusto musical? Por que á maioría de
persoas lles produce aburrimento a música clásica? Poden cambiar os
nosos gustos de maneira instantánea?
Brais Fernández
Rodiño, 1ºBAC C
Muy interesante Brais!!!
ResponderEliminarsube video
ResponderEliminar