sábado, 15 de noviembre de 2014

A nosa estrada

Complicarnos resulta sinxelo cando preferimos escapar da realidade, do reflexo no espello que non minte, de nós mesmos. Buscamos saídas dirección á feliz ignorancia.
Tapar os ollos e facer que vemos, ata que a realidade nos sorprende atopando onde nos doe. Caer para ver. De súpeto, descubrimos que estamos feitos de remendos, cosidos a parches que se abren, que se pechan, a fin de contas só tapan o que hai debaixo. O que agocha a pel. E aquí, na caída, acusan os complexos, interrogan os feitos e saltan as dudas.
O malo de estar aquí, é que nunca entraches sabendo como saír.
Alguén dende fóra dinos : "Esta é tan só unha parte de nós, aquí non se entra nin se sae, aprendes a convivir con ela. Aínda que non o creas, os medos, as inseguridades e os defectos tamén aportan e a miúdo son máis parte de nós do que creemos. Sempre está presente e ás veces faise notar máis que outras como unha proba sobre nós mesmos."
Escoitamos, e un derrotismo abandóanos á sorte de remontar esta baixada. É agora cando alguén interpretando o noso alter ego, deixa suspendidas no aire palabras que ti tomarás ou non: "Non é sorte, é actitude. O imposible é todo aquilo que non se intenta. "
E volves respirar profundo para cavilar despois sobre a barafunda de sentimentos que bombardean á conciencia. Ou, contrariamente, para cavilar (chegados ata este punto) sobre a falta de sentimentos que paradoxicamente é un achado. 
Ben,persoalmente,non creo que estemos feitos só de partes negativas ou partes positivas. Somos un conxunto de todos os sentimentos que designan as palabras que coñecemos e que aínda están por inventar. Non me creo ter unha solución doada pero sí unha actitude resolutiva, o certo é que somos nós quen decidimos que crer, somos nós quen decidimos que aprender de cada parte, como de cada erro, vitoria, de cada persoa e situación.
Lin non fai moito a Roger-Pol Droit quen escribía : "A amplitude de miras paréceme indispensable, porque estou convencido de que se vive coma se pensa ." 
Iso é, en resumidas contas, quen percorre a impredicible estrada, é quen pensa que a recorre e vive percorréndoa.      

                                                                                                         Alba Sánchez Aguión 1º BI

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Encántame a forma na que retratas esa "parte interior" das persoas. ¿Somos realmente iso: seres "parcheados" polas nosas experiencias? Eses diálogos que establecemos con nós mesmos, que, sen dubidalo, son os debates máis duros de gañar, posto que somos ao mesmo tempo depredadores e presas do propio "eu". Quizais a batalla máis difícil de gañar non sexa entre nós, senón con nós. ¿Estamos dispostos a librala? Creo que a túa entrada mostra moi ben todo isto, todo o que somos en realidade e que ás veces non vemos. Outras non queremos ver. Pero non deixa de estar. Na miña opinión, somos unha soa cousa (disculpando a cousificación da persoa), unha rocha que se vai erosionando e pulindo ao longo da vida, pero sen perder a diferenciación de elementos que a constitúen.

    ResponderEliminar
  3. Antes de nada, moitas grazas polo comentario. Estou dacordo contigo,nunca deixamos de ser consecuencia de algo e conxunto de todo. O máis importante é o matiz último "sen perder a diferenciación de elementos que a constitúen". Malia ser erosionados e pulidos ao longo do tempo,non nos debemos perder a nós mesmos convertíndonos no canto rodado que nin sequera ten forma propia.
    Manter a nosa esencia non significa non cambiar de forma, senón conservar esa diferenciación de elementos que nos constitúen.

    ResponderEliminar