sábado, 6 de octubre de 2012

Cómo afectan as emocións ou sentimentos na capaciadade de actuar e tomar decisións?





Esta cuestión aborda un tema, en principio, amplo e complexo: as emocións e a súa relación coa razón, ou mellor dito, coa toma de decisións.
Dende o meu punto de vista, as emocións ou sentimentos que ten unha persoa, afectan en gran nivel na súa maneira de actuar e de tomar decisión, por non dicir que case o 100% das veces actuamos, tomamos decisión e reacionamos ante diferentes situacións a partir do noso estado de ánimo,  algunas veces isto afecta de  de forma negativa e por outra banda, de maneira positiva, dependendo isto de moitos factores.


Para xustificar esta opinión, gustaríame citar a teoría dun neurólogo portugués, Antonio Damasio, o cal elaborou, a partir da constante observación, a teoría do marcador somático, na cal intenta explicar precisamente como as emocións inflúen nos nosos procesos de decisión e razoamento, partindo da idea de que a influencia de reacións biolóxicas en situacións decisivas inlúen emocions como o medo ou o nerviosismo ( por exemplo, antes de un examen sentimos algo no estómago ou súanos as man, o cal non podemos explicar), antes de tomar unha decisión, o corpo human utiliza tamén procesos para o aforro de traballo cognitivo. En resumo, as nosas decisión están influenciadas por procesos emocionais manifestados, por exemplo, en señais corporais; o corpo entrega señais frente a determinados estímulos, o que permite reducir o noso campo de respostas e facer máis eficaz a nosa actuación.


Estamos continuamente tomando decisións, isto pode relacionarse coa liberdade, somos libres de poder dicir si ou non, pero para iso debemos reflexionar sobre a actuación e non deixarnos levar; primeiramente debemos facernos unha pregunta: Por que fago isto?, na maioría dos casos a nosa resposta será porque me mandan, porque é costume, ou porque quero; despois diso debemos plantearnos se a decisión tomada é o que nos convén, se é bo ou malo para nós, etcétera. Todo iso é a “teoría” pero na práctica, a inmensa maioría racionamos sen ter en conta a anterior conxectura, deixando levarnos polo sentimentos e emocións que experimentamos nese preciso momento.
Na película  “Doce hombres sin piedad” reflexase perfectamente este tipo de actuacións, sobre todo en dous membros do xurado, primeiramente aquel que tivo unha infancia parecida á do acusado, o cal, nalgún momento, fai que se identifique con el; e o segundo, aquel que cría que o un fillo podería facer perfectamente algo como o acusado, xa que a súa experiencia persoal co seu fillo non fora positiva. A parte destes persoaxes, penso que a gran maioría manifestan os seus sentimentos nas súas actuacións.

En definitiva, os sentimentos, emocións, experiencias, etcétera, afectan demasiado ás persoas á hora da toma de decisións, e gran parte das veces, desenvolvémolo sen nos decatar, por tanto debemos intentar ser razoables, pensando e reflexionando en canto a cal camiño é mellor para nós.

                                                                                                                      Alba Montero, 1ºBI





No hay comentarios:

Publicar un comentario