domingo, 7 de octubre de 2012

Que constitúe un bo argumento? Cal é o valor de aprender a distinguir entre argumentos válidos e inválidos?

Todos e cada un de nós temos a nosa opinión sobre o que nos rodea, sobre o mundo, acerca do noso entorno, sobre feitos e obxectos. Moitas veces, temos tal seguridade nunha opinión persoal que, cando intentamos transmitirlle ese sentimento a outra persoa, é posible que non reparemos en que se debería facer de xeito ben argumentado, expresando ideas e pensamentos que reforzarían a validez das nosas crenzas ante  a posición escéptica de moita xente.

É por iso que a habilidade para expresar un argumento bo e constructivo no momento adecuado é moi boa. Dá moito xogo, e adquirila non sempre é fácil. Para construír o argumento en cuestión é clave dar a ver as menos lagunas posibles sobre o tema, controlalo todo o que sexa posible. Estaría ben, á súa vez recurrir á opinión de outros para respaldalo, no sentido de, por exemplo, amosar os aspectos menos cribles para exercer unha contraposición cos que si se poderían probar. 

Xeralmente, á parte de ter un argumento totalmente respaldado en todos os aspectos, é bo o diálogo ca persoa á que se intenta convencer. Moitas veces, atopar un termo medio entre a súa propia opinión e a túa, é unha boa saída ou, quizabes, un bo punto de comezo.

Así como a construcción de argumentos válidos é posible, tamén é palpable o desarme doutras ideas. Cando se adquire a capacidade para ver os fallos nas opinións alleas, é máis fácil atopar os erros propios, o cal supón un punto a favor. A maxia de poder razoar unha idea con coherencia e botar abaixo outra con lóxica, é a proba de que es quen de pensar por ti mesmo sobre o que che rodea, de que es unha persoa á que é difícil convencer de cousas infundadas. Xa non digo "unha persoa influenciable", porque sería unha expresión errónea neste contexto, xa que as influencias (boas ou malas) sempre axudan a pensar un pouco máis sobre máis cousas, abrindo a mente un pouco máis.

Así pois, para ter un bo argumento, moitas veces só hai que preguntarse a un mesmo se a información que recibimos é verosímil, se presenta fallos ou puntos débiles e se se podería interpretar dende outros puntos de vista. 


Alejandra Picón Romero, 1º BI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario