En relación co tema da arte, lembreime dunha película que vira fai un cacho e que me gustara moito. Era "A Girl with a Pearl Earring", baseada na novela de Tracy Chevalier co mesmo título e, á súa vez, no mítico cadro de Vermeer.
Non é precisamente unha historia na que se cuestione o motivo de ser da arte, senón unha que invita a relaxarse observando o filme, sobre todo se vos interesa o bonito mundo da pintura. Na película, o que si se pode observar de trasfondo, é a subxectividade da beleza a ollos do artista.
Outra obra literaria e con célebre adaptación cinematográfica que deberiades ler é "Dead Poets Society". Aquí a arte vén dada de xeito literario, poético, e obsérvase como a posibilidade de ser libre do ser humano. É un libro/filme que non debedes perder.
Finalmente, "The Perfume" é un libro de Patrick Süskind (coa súa correspondente adaptación cinematográfica). Esta obra reflexa a perspectiva artística máis brutal. O protagonista vive encandilado polos cheiros e fragancias que o rodean, obsesionándose con eles e ca idea de conservalos e facelos perdurar. Son as mociñas novas e guapas as que mellor arrecenden para el, as que fan que se obsesione co seu particular mundo de olores. Cando asasina por accidente á primeira rapaza, tras fixarse na súa incrible fragancia, comeza un círculo vicioso de olores e de mortes que non será quen de parar. El so pensa en crear a súa propia arte no mundo dos cheiros e non repara en nada máis ca iso. Que facer cando por arte se traspasan certos límites? A arte segue sendo arte?
Recoméndovos encarecidamente estra obra/película para que pensedes sobre isto.
Un saúdo! :)
Alejandra Picón Romero, 1º BI, L.
_-_The_Girl_With_The_Pearl_Earring_(1665).jpg)







Muy interesante, gracias por tus aportaciones.
ResponderEliminar