jueves, 21 de febrero de 2019

A música e a súa extensa relación coa filosofía


Antigamente a música era considerada unha ciencia. Hoxe en día pódese poñer en dúbida esa suposta verdade, pero realmente posúe certos elementos matemáticos que fan que poida ser calsificada como ciencia. Independentemente diso, está claro que a música está extremadamente relacionada coa filosofía.

Todo o mundo escoitou música algunha vez na súa vida. Incluso se pode chegar a dicir que é inevitable coñecer como soa esta. Pensándoo mellor, esta afirmación pode facernos extraer certas dúbidas sobre o mesmo concepto: por que cada clase de música ten un toque que a fai diferente? Cales son os factores que deciden os nosos gustos musicais?

A resposta é clara: todo depende dos nosos intereses, e polo tanto, da nosa maneira de pensar. Certas ideoloxías son abarcadas por estilos de música concretos maioritariamente, polo que alguén que se vexa representado coa mensaxe que expresa un tipo de música verase inmediatamente atraído pola mesma, e incluso pode chegar a esoitar esa canción só polo que di, aínda que a parte musical da mesma non a chegue a convencer por completo. Para certos individuos isto pode ser perfectamente válido, pero hai unha cuestión que vai máis alá desta afirmación: é a música a que acompaña á letra, ou á inversa? En primeira instancia, é fundamental aclarar que non toda a música posúe letra, polo que xa se pode considerar que esta é independente, debido a que non precisa máis que ela mesma para ser considerada unha unidade. En cambio, a letra por si mesma sería considerada unha narración ou un poema, pero en conxunto coa música segue a recibir o mesmo nome: música. Desta explicación conclúese que a música recibe o mesmo nome cando se xunta con texto. Isto denota que a música posúe rasgos que a fan independente e predominante no seu ámbito.

En canto ó outro interrogante, que fai referencia ás diferencias entre distintas clases de música, é sinxelo deducir que a resposta é subxectiva. Cada persoa interpreta á súa maneira particular a música, polo que unha peza que pode resultar alegre para uns pode ser desagradable para outros. Aínda así, se se profundiza algo máis no ámbito técnico, existen certas estratexias que adoitan funcionar na maioría de humanos, proporcionando unha sensación en concreto. Estas técnicas poden ser directas ou indirectas. No caso de seren directas, realízanse mediante pintura musical, unha estratexia que consiste en utilizar rasgos musicais que representan algo na nosa cabeza, como unha escala ascendente que se relaciona coa subida, ou unha escala cromática que recorda ao estridente. Estas relacións poden ser establecidas por calquera, aínda que non se posúa coñecemento musical. Por outra banda, os procedementos indirectos xogan coa subxectividade. Desta maneira, intentan situarnos en panoramas concretos mediante a relación que realizamos ao escoitalos: un fragmento no que aparezan violíns tocando un leitmotiv agudo cunha guitarra eléctrica tocando acordes en progresión repetitiva adoita levarnos a pensar nun escenario de batalla ou algo similar. Por suposto, isto é subxectivo, polo que cada un accederá a certa situación na súa mente ao escoitar este tipo de estruturas musicais.

Como punto final, é fundamental comprender que os gustos musicais, como o seu nome indica, non son obxectivos nin moito menos. Cada persoa reaccionará de maneira diferente ante un tipo de música en concreto, pero aínda así hai maneiras de predecir certas sensacións que nos adoitan producir patróns musicais determinados. Desta maneira, todo sobre o que reflexionamos produce certas dúbidas: que parte do cerebro establece os límites do noso gusto musical? Por que á maioría de persoas lles produce aburrimento a música clásica? Poden cambiar os nosos gustos de maneira instantánea?

Brais Fernández Rodiño, 1ºBAC C

2 comentarios: