"1984" é un libro que, pese a que aínda non puiden acabar de ler, ten bastante que ver ca cuestión do coñecemento e da percepción da realidade.
É unha obra escrita por George Orwell, que reflexa unha sociedade manipulada e controlada en exceso, na que a maior parte das persoas son felices nese ambiente no que son enculturados. Porén, hai moitos que opinan o contrario acerca do seu sistema social e político, no cal as cámaras os vixían no traballo e na rúa. Son aqueles que saben que nalgún momento existiu un xeito de goberno no que a paz era algo ideal (non coma o caso expresado neste libro, no que a guerra era o mellor ó que se podía aspirar), no que a ignorancia non era o equivalente á liberdade ou felicidade e no que as cousas pasadas parecían máis atractivas a ollos actuais. Ese porcentaxe mínimo da sociedade debía manterse totalmente neutro, manter as súas ideas revolucionarias no máis agochado e recóndito da súa mente se non querían unha morte segura...
Recomendo o libro, acabareino de ler eu mesma cando poida, pois é moi bo.
Alejandra Picón Romero, 1º BI, L.
No hay comentarios:
Publicar un comentario