Unha mentira, a outros ollos é unha realidade. Todo depende da perspectiva ca que se enfoque. Para comezar, como sabemos que vivimos nunha mentira? E, se o sabemos, ou o sospeitamos, por que non analizar o asunto a fondo e saber máis?
Creo que esta cuestión depende da perspectiva que se lle aplique. A moitos ollos, fuxir da ficción é a posibilidade máis cómoda, pero iso, á vez, é unha posibilidade que entraña sensación de inseguridade. Averiguar o que vén sendo a mentira na que vives, conleva enfrontarse, moitas veces, a cousas que descoñeces e que, polo cal, resulta unha opción que inspira terror. Ten moito sentido distinguir entre os tipos de mentiras, así como ten sentido non intentalo.
Todos vemos o mundo dun xeito determinado, dunha forma, dende un ángulo moi persoal. Así pois, o xeito no que interpretemos o que nos rodea, vai ser, tamén, unha opción moi precisa e peculiar. É difícil precisar unha resposta obxectiva para este enunciado.
Alejandra Picón Romero, 1º BI, L.
No hay comentarios:
Publicar un comentario