Os sentidos, os nosos cinco sentido son aqueles que, tal e como vimos aprendendo dende pequeniños, nos trasmiten a información de todo o que nos rodea e de todo o que nós albergamos. É un complicado sistema de órganos e impulsos eléctricos o que nos permite convivir, interactuar co medio e con nós mesmos e que nos permite elaborar as nosas propias ideas sobre as cousas.
Pero á hora de percibir as cousas, sensacións, emocións e información, inflúe tamén a nosa mentalidade, pois é a que nos vai facer adoptar unha perspectiva ou outra. Dalgún xeito, os sentidos son os responsables da nosa enculturación da que obtemos a nosa maneira de pensar e a maneira de pensar inflúe á hora de percibir. É coma o eterno debate: "que foi antes, o ovo ou a galiña?". Neste caso creo que o ciclo si ten principio, pois os sentidos son os primeiros en captar información.
Porén, a maneira na que nos desenvolvemos nun entorno e o xeito no que vemos todo vai depender moito da nosa mentalidade. Un exemplo é un exame. Un exame dunha asigantura que se nos dá mal ou que non nos gustas. Se acudimos coa menta posta en que o imos suspender, é probable que pase iso. Se, por outra parte, somos optimistas, a nosa mente vai ver máis posibilidades á hora de sacar adiante o exame, pregunta por pregunta, vai estar máis alerta e imos ir máis seguros. É dicir: nese caso as probabilidades son de aprobado.
Creo que os sentidos son tan só os que nos permiten ver, tocar, oír, degustar, ulir. Todo o demáis é o que queremos ou esperamos sentir.
Alejandra Picón Romero, 1º BI L.
No hay comentarios:
Publicar un comentario