sábado, 15 de diciembre de 2012

Cómo se aprende a linguaxe? É innata a capacidade de adquirir unha lingua?



A adquisición de linguaxe é un tema que se veu estudiando dende fai moito tampo, poseendo un papel fundamental na vida do ser humano, xa que é a porta de comunicación  co medio circundante dende o noso nacemento.  Normalmente asociamos este proceso  cos rapaces pequenos e en como comezan a falar, a adquirir a linguaxe, ainda así non ten idade nin límite, adquirimos o coñecemento da lingua toda a nosa vida.


Existen diversas teorías que tratan este tema,  unhas relacionan a adquisición dunha lingua coa  imitación ou repetición, como unha resposta de "eco"a estómulos, neste caso, propiciados  por adultos; outras  expoñen que a linguaxe forma parte das propiedades cognitivas do ser humano, outras cren que dende os principios da sua existencia, os bebés incorporan e asimilan a información que perciben dun xeito propio e despois corrixena; e así, moitas outras.


Persolamente encontro a primeira das teorías citadas a máis adecuada, posto que a fala é unha resposta motora, así mismo, non só se adquire a linguaxe por imitación, senón que a observación representa un papel moi importante no desenvolvemento, mediante a cal as perosoas non só imitamos ou repetimos a ación da fala, senon que incluimos xestos e comportamentos á sua vez. 


Por exemplo, a nai sorrí, e o bebe aprende e imita ese signo para comunicarse e obter o que precisa; ao igual que cando chora, ralizandoo como medio de comunicación para suplir unha necesidade, como pode ser fame, dor, sono, etc.
En canto á pregunta de si a capacidade de adquirri unha lingua é innata, existen disputas entre o nativismo, o cal sostén que a capacidade de ver, oír, pensar, como a de falar, son actos innatos ou xenéricos; e o empirismo, convencido de que un rapaz aprende a falar por imitación dos adultos, aprendedno un idioma da mesma maneira que outras destrezas físicas e mentales.


Tendo en conta o que anteriormente expuxen, penso que ese capacidade da que falamos, non é innata, senón que o entorno social é un factor determinante no desenvolvemento idiomático.


                                               Alba Montero Tembra, 1ºBI-L

No hay comentarios:

Publicar un comentario