lunes, 17 de diciembre de 2012

ENSAIO SOBRE O COÑECEMENTO



Xente con diferentes bagaxes culturais e lingüísticos vive, en certo sentido, en mundos diferentes?

            A nosa cultura e a nosa lingua vannos condicionar dun xeito ou doutro.
           Nós vimos habituados a certas costumes que a moitas outras persoas do mundo lle poden resultar estrañas. Cando falamos, por exemplo, inconscientemente temos unha maneira de expresarnos que nos vén dada por enculturación. En certo modo, si nos podemos sentir un pouco diferentes a outras persoas do mundo.
            Porén, a controversia aparece cando nos damos conta de que xente de países moi distintos a nós, comparte una serie de ideas ou de pensamentos comúns a todo ser humano (obxectivo de supervivencia, cariño polos seres queridos, pensamentos filosóficos difíciles de cuestionar...)
            Exemplificarei o que veño dicindo. No primeiro caso, aquel no que toda as culturas  semellan mundos illados, pódese reflexar, por exemplo, nas dietas típicas, ou en hábitos do día a día. Aquí é costume comer polbo, nembargante hai outros países nos que iso lles produce noxo. Outro exemplo é a nosa tan típica sesta, tan só común nuns pouquiños países. Vivir en distintas culturas supón un cambio de mentalidade dunha a outra. Tal e como vimos aprendendo en filosofía “se vive como se piensa”. Isto é, por exemplo,  se tes boas expectativas de cara un acontecemento, é posible que saia ben. Se non é así e o sometes a negatividade, o máis normal é que saia mal.
            No momento no que vemos que todos somos iguais sen importar a cultura, temos que ter en conta esas diferencias inicias, pois dado que son común a todos, fannos iguais. É dicir: nun debate eu podo estar de acordo sobre un aspecto e outra persoa en desacordo, pero os dous coincidimos en que estamos de acordo no noso desacordo.
            A miña postura ante este dilema, ante esta confrontación de posibilidades dadas sobre o tema en cuestión, inclínase pola opción de que todos somos iguais, aínda que exista unha clara diferencia en moitos dos nosos pensamentos e costumes. Isto é, diferimos en pensamento, pero pensar é algo común a todos. A nosa fisioloxía varía, pero en todos os casos ten unha función de adaptación ao medio. Podemos ter unhas dietas ou outras (comer sushi ou caracois, tortilla ou sopa de miso), pero todos compartimos a necesidade de alimentarnos. Ademais, se vivir noutra cultura supón vivir noutro “mundo”, tamén o feito de ser persoa supón iso, dado que todos temos as nosas opinións, filosofías e crezas... O problemas aquí é que esa persoa, moitas veces, pensa así pola cultura na que se criou, ese sería o contra da miña argumentación. Pero para darlle máis valor á miña posición, direi que a enculturación é propia de todas as culturas.
            A miña conclusión pecha este escrito. Cada un pode ter a súa opinión sobre o tema en cuestión, haberá xente en acordo e xente e desacordo, pero, como xa dixen antes, o propio desacordo supón un acordo. Os humanos sempre seremos iguais en que pensamos ser distintos uns doutros.

           

           

 Alejandra Picón Romero, 1º BI,L.

No hay comentarios:

Publicar un comentario