martes, 22 de julio de 2014

A imposible educación imparcial dun fillo.

Aínda que a min xa se me acabaron este curso os meus días en BI, deixo neste blog unha das moitas reflexións que se me están vindo á mente este verán, simplemente por se a alguén lle interesa.

O título desta entrada de blog reza "A imposible educación imparcial dun fillo.", tema que expoñerei nas liñas vindeiras.

Moitas vesces inténtase educar a un rapaz desde unha perspectiva liberal, na que el ou ela aprenda a pensar por si mesmo e a desenvolver un sentido crítico sobre o mundo que o/a rodea, cousa que por moitos se ve como algo bo. E, precisamente, nese vocablo radica o problema: moitos veno como algo bo, pero para outros iso é algo malo. Non imos entrar en detalles sobre por que pode ser bo ou malo, pero é o noso punto de partida para o que intento expoñer. O primeiro interrogante é o seguinte: pódese considerar que educar a un fillo nos preceptos do liberalismo e dun xuízo crítico é unha maneira consciente ou subconsciente de adoctrinación? Ou, pola contra, o termo "adoctrinación" só se pode usar no caso dunha educación totalmente contraria á exposta? E, nese caso, ¿por que se pode considerar mala esa educación? ¿Que é o que distingue unha maneira de ensinar da outra nos termos de "bo" ou "malo"? É a adotrinación boa nalgún momento? Calquera dos dous posibles tipos segundo as liñas de arriba?

Ao largo da historia escoitamos o caso de eventos e sucesos de índole política, nos que se pode observar como existiu un afán por reclutar xente, sobre todo noviña, en prol dos ideais perseguidos. A partir de acontecementos coma eses estamos concienciados sobre un suposto poder negativo da adoctrinación. Pero, cando edcuamos a un rapaz, cando unha nai, un pai, corrixe ó seu fillo pequeno, ou lle fala de certas cousas, ou lle di "le isto", ou "non leas aquilo", non o estamos adoctrinando no fondo? Non estamos intentando que sala como nós desexamos? É moi posible que moitos pais non vexan nos seus fillos o modelo de persoa que pretendían crear pero, haise que dar conta de que foron eles os que lles inculcaron certos coñecementos e experiencias que, ó fin e ó cabo foi o que axudou a moldealos, creando un humano con ideas propias que ben pode ser que sexan simplemente o resultado de experiencias aprendizaxes supostamente olvidadas, traumas, aprendizaxes frescas e a relación con outros moitos da súa especie e co medio.

Atendendo a todo isto, pódese falar de liberdade? Podo asegurar que son libre? O feito de estar pensando deste xeito agora mesmo, sobre isto, cun ordenador determinado, sentada nunha postura en concreto, sin o reloxo porque me molesta, con sono pero con ganas de escribir, é simplemente así porque fun libre de conformar unha opinión totalmente imparcial ou porque é o que me induciu a facer toda a educación recibida de meus pais, así coma a que recibín do resto do medio?

Pode ser algo angustioso pensar en que todo o facemos dun xeito porque nos moldearon para facelo así, pero dádelle voltas. É a liberdade isto? Ou, por outro lado, é máis libre un bebé recén nacido, con toda a súa vida e experiencias por escribir que nós? E, levándoo aínda a un extremo aínda maior: ese bebé non é o froito dunha coidada xenética que nos programa para ser ou actuar de certo modo nalgún ámbito ou situación determinada? Polo mero motivo de ter forma física pódese falar xa de non liberdade, dado que non podemos elixir a forma ca que nacemos? E o feito de non ter forma podería otorgar a liberdade, ou sería a mesma situación, pero vista ó revés: non tes forma porque é  o característico no teu caso e non o podes alterar?

Así pois, podemos dicir que existe a liberdade, ou é so un froito da esperanza do ser humano? Estamos en verdade "condenados a ser libres"?

Creo que este é un tema complicado, pero que merece a pena discutir algo. Aí volo deixo. A ver que vos parece...

Ánimo co curso que vén, que ides sudar a gota gorda! :)

Alejandra Picón Romero, ex-alumna de BI, Letras.

2 comentarios:

  1. La liberad es una de esas “grandes palabras” con las que nos resulta difícil lidiar porque su campo semántico no responde a nuestra exigencia de comprensión, por ello es útil ver cómo trabaja en la práctica, en nuestras decisiones y en las actuaciones de las personas que nos rodean. Una cosas es decir y otra hacer. Decir sí o no, a veces basta para entender qué significa “ser libre”.
    Espero poder contar con tus colaboraciones mientras este blog siga teniendo algo que aportaros, y eso solo depende de vuestra libre voluntad.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Si, en parte estou de acordo, dado que moitas cousas que na teoría son difíciles de explicar, logo vense moi ben na práctica... A liberdade é "algo" que foi evolucionando xunto co home e foi na práctica o que fixo que moitas accións se levaran a cabo... Pero, creo que "ser libre" é algo adquiriu moita complexidade a medida que a parte máis cultural da natureza humana se tecía... Creo que o problema fundamental disto se resume na seguinte cuestión: se hai unha explicación práctica, ten que haber unha explicación teórica á forza?

    Colaborarei sempre que poida :)

    Apertas!

    ResponderEliminar