martes, 14 de abril de 2015

Tra-los barrotes

Hoxe atopei este artigo por Internet e pareceume moi interesante ademais de facerme pensar moito sobre a pena de morte. Hai dereito a facerlle pagar coa súa vida a unha persoa por un crime que cometeu? Con respecto a isto un acabará preguntándose tamén: cal é o propósito dos cárceres? Rehabilitar ou simplemente castigar por castigar?

O enlace que atopei está composto polas experiencias de traballadores do corredor da morte:

http://www.huffingtonpost.com/2015/04/13/death-row-stories_n_7043620.html?ncid=fcbklnkushpmg00000063 

Rebuscando sobre o corredor da morte tamén me atopei co Texas Department of Justice, no cal hai unha sección adicada especialmente a isto e na que calquera persoa pode acceder ao calendario das execucións vindeiras, así como ás fichas dos prisioneiros. Realmente isto pareceume indignante. Dá a sensación de que tratan a estas persoas coma obxectos, coma algo digno de exhibición.

Finalmente, ínstovos a que consultedes o caso de Pablo Ibar, español que leva 21 anos nunha cárcere estadounidense, 15 dos mesmos no corredor da morte, por un crime que nin sequera se sabe se cometeu.

Todo isto da pé a reflexionar sobre o valor da vida, sobre os nosos dereitos, sobre o que conleva ser humano e sobre o arrebato de todo isto.

Espero que estas cousas vos fagan pensar sobre o tema.


Alejandra Picón Romero, ex-BI, letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario