sábado, 3 de octubre de 2015

"Si la muerte no existiera habría mucho que ver, mucho tiempo para verlo, pero muy poco que hacer y nada en que pensar."

As persoas somos seres capaces de disfrutar das cousas porque teñen fin. Disfrutamos do día porque hai unha noite, da compañía porque hai unha soidade, da vida, porque existe a morte.
Todo ten o valor que nós lle outorgamos, se posuísemos algo que non acabara nunca, para que valoralo se de todos xeitos non pode desaparecer?
Se a morte non existise, teríamos tempo de sobra para facer calquera cousa, entón, para que facela puidendo esperar? Para que facer algo que podo facer calquera día da miña vida?
Ao non estar a morte presente nos nosos días non pensaríamos, xa que cada acción realizada polos humanos é un intento de sobrevivir. Sen fin non teríamos que meditar os nosos actos , pois non hai posibilidade de evadirse.
Ou si.
Tal vez non existe morte física, pero si unha morte mental e emocional que como persoas nos levaría á extinción alonxándonos da racionalidade que nos define.
Tal vez sexa, a morte, algo inevitable en calquera situación, pois hai moitos xeitos de morrer.
Exprimimos a vida sabendo que vai rematar, sendo conscientes de que nalgún momento deixaremos de ser nós os que pisamos este chan.
Sen posibilidade de desaparecer deixaríamos de existir , non habería nada do que pensar porque non habería nada contra o que loitar, do que escapar. Nada nos asustaría, seríamos INMORTAIS, pero naceríamos mortos.
Non hai nada nesta vida que perdure máis ca morte.


    Icía Castro, 1º BACH A

No hay comentarios:

Publicar un comentario