sábado, 16 de marzo de 2019

Son os videoxogos unha posible causa de conductas violentas?

A día de hoxe, os videoxogos non precisan ser presentados: todo o mundo sabe o que son, e incluso moitos xogaron máis dunha vez a un dos mesmos. A súa crecente popularidade desembocou na súa mala fama, polo que hai unha gran cantidade de persoas que consideran os videoxogos como unha causa importante de conductas violentas. Este pensamento sen moito en que fundamentarse vén imposto polos medios de comunicación, que levan a cabo actos amarelistas e alarmistas co fin de desprestixiar aos videoxogos e a calquera que os xogue, tratando aos videoxogadores coma "persoas enfermas e sen principios humanos". Xusto neste punto comeza a polémica: ata que punto pode chegar a influenciar ás persoas a visualización dun mundo ficticio no que priman os actos inmorais?

En primeiro lugar, hai que deixar claro que esta entrada vén motivada polo atentado que se levou a cabo en Nova Zelanda, en especial pola desinformación que promoven os medios de masas (como as noticias arxentinas). Estes prefiren polemizar, centrando a nova nos videoxogos, en vez de tratar o tema con seriedade, tal como o merece. En lugar de profundizar nas verdadeiras razóns racistas e discriminatorias que levaron ao terrorista a atacar unha mesquita, prefiren recurrir ao atallo, ao camiño fácil: botarlle a culpa a un xogo. Utilizando un argumento por analoxía, é bastante sinxelo desmontar este razonamento: se os videoxogos que posúen como tema principal o bélico incitan á violencia, as películas e os libros que tratan sobre os mesmos temas tamén o fan? Se lemos un libro no que se nos conta unha historia ficticia na que unha persoa mata a todos os que non son do seu agrado, e nós facemos o mesmo posteriormente, reside a culpa no libro? Obviamente, se levamos a cabo esta acción, é debido a que posuímos algún problema mental, polo que a culpa xa non reside no libro, senón que reside na nosa propia estabilidade mental, que non nos permite distinguir o falso do verdadeiro, ou o correcto do incorrecto.

O razonamento que utilizan os medios de comunicación tamén pode ser utilizado na súa contra: estes mostran sucesos catastróficos e brutais que ocorren no mundo, polo que utilizando a súa maneira de pensar, están difundindo a violencia e causando máis incidentes, debido á suposta influencia que estes aplicarían sobre as persoas que visen as noticias. De maneira lóxica, este razonamento é erróneo: se algén imita algo que ve, sexa real ou irreal, sabendo que é inmoral e pouco ético levar a cabo esta acción, o problema é unha enfermidade mental. En ningún caso hai que botarlle a culpa á fonte, xa que esta nunca é a causante de máis desperfectos mentais.

Como conclusión, os videoxogos non son a causa de conductas violentas. A causa é un problema psicolóxico, que provoca que certas persoas (un número moi reducido, xa que se contablizan 27 asasinatos "causados" por videoxogos en toda a historia) leven a cabo accións inmorais, confundindo o que ocorre nun videoxogo co que é correcto facer na vida real.

No hay comentarios:

Publicar un comentario